Monday 13 de May de 2024

A concelleira de Educación despídese do alumnado do curso ESO para persoas adultas


A concelleira de Educación, Susana García, despediuse do alumnado do curso ESO para persoas adultas, en cuxa realización colabora o Concello de Ordes. Felicitounos “polo traballo realizado ao longo de todos estes meses” e animounos “a tentar superar as materias pendentes na convocatoria que terá lugar en setembro”. En total matriculáronse 27 alumnos e alumnas, acadando nos exames de xuño un 60% de aprobados nas tres áreas (científico-tecnolóxica, lingüística e social).